Valdeorras

Concellos de Trives suman forzas a prol do medioambiente

Valdeorras

Concellos de Trives suman forzas a prol do medioambiente

Tal e como manifestaron mediante un escrito, pretenden eliminar os vertedoiros incontrolados e convertelos en zonas verdes. O proxecto inclúe, do mesmo xeito, unha limpeza intensiva de maleza e vexetación potencialmente inflamable, posto que, subliñan, "é a mellor forma de loitar contra os incendios"

Os Concellos de Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río darán un paso máis de cara ao coidado e respecto medioambiental con iniciativas que veñen de concretar para solicitar, deste xeito, o apoio da Xunta de Galicia. 

Tal e como manifestaron mediante un escrito, pretenden eliminar os vertedoiros incontrolados e convertelos en zonas verdes. O proxecto inclúe, do mesmo xeito, unha limpeza intensiva de maleza e vexetación potencialmente inflamable, posto que, subliñan, "é a mellor forma de loitar contra os incendios". 

Por último, os rexedores dos tres municipios queren proceder a eliminar toda a flora invasora para protexer a autóctona: "A nosa é a única que debería existir nos nosos montes". 

Dado que este entorno carece de sector industrial e ademais do obxectivo de coidado medioambiental, búscase que estes traballos sexan "un balón de osíxeno" para moitos dos veciños que quedaron sen traballo. "A nosa zona ten que converterse, coa Estación de Manzaneda, nun paraíso natural", din.