O Consorcio de Augas de Valdeorras xa ten estatutos

O Consorcio de Augas de Valdeorras, integrado polo ente público empresarial Augas de Galicia; a Deputación Provincial de Ourense, e os concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras, xa conta con estatutos, despois de ser aprobados onte polo Consello da Xunta.
O obxectivo principal deste consorcio é a ordenación e xestión, por delegación dos concellos que o integran, dun servizo intermunicipal de depuración de augas residuais.

O Consorcio de Augas de Valdeorras terá a súa sede social no Concello do Barco de Valdeorras e estará integrado polos seguintes órganos: a Asemblea; a Comisión Executiva; o presidente e, se é o caso, os vicepresidentes que este designe; e a Comisión Especial de Contas.

Te puede interesar