Dous filmes pecharán o ano de Florencio Delgado

Florencio Delgado Gurriarán.
photo_camera Florencio Delgado Gurriarán.
Florencio Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano

O programa de actividades organizado co gallo da dedicatoria do Día das Letras Galegas ao escritor vilamartinés Florencio Delgado Gurriarán inclúe un plan cinéfilo para os centros educativos galegos. O venres, 16 de decembro, as 12,00 horas, na plataforma Youtube e o Centro Cultural Avenida, da Rúa, poderá seguirse o documental “Florencio Delgado Gurriarán, do A ao Z”, de Arraianos Producións. A estrea chega despois da súa presentación no Festival Internacional de Cine de Ourense e no de Cineuropa, en Santiago de Compostela.

Aser Álvarez, productor, director e guionista do documental, asistirá á sesión matinal do Centro Cultural Avenida, onde estará acompañado por máis de 200 alumnos dos centros educativos rueses. Na súa estancia conversará cos estudiantes acerca do proceso de realización do documental. Xa referíndose á súa estrea en liña, a directora do proxecto As Letras de Florencio considerou o peche do ano “moi especial”.

Por outra banda, o domingo, ás 20,00 horas, no Centro Cultural Avenida da Rúa terá lugar a preestrea da longametraxe documental “Florencio na Terra”, producida por SocialDocs e dirixida polo petinés Domingo Díaz Docampo. A película foi gravada en Valdeorras e México e inclúe secuencias de animación que recrean episodios da vida de Florencio. A estrea do filme será en 2023.

Te puede interesar