VALDEORRAS

Estabilizado un incendio forestal en Chandrexa de Queixa

Nos labores de control participan tres axentes, 12 brigadas, nove motobombas e unha pa.

A Consellería do Medio Rural informou de que permanece estabilizado un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa.

Segundo confirmaron fontes do departamento autonómico, o incendio iniciouse sobre as 22,30 horas deste martes na parroquia de Rabal e afecta a unhas 20 hectáreas de terreo.

Nos labores de control participan tres axentes, 12 brigadas, nove motobombas e unha pa.

Te puede interesar