Día das Letras Galegas

Fátima Delgado: “Hónranos lembrar ao tío Florencio”

A familia da actriz, poeta e dramaturga Fátima Delgado está moi vencellada á vida do poeta valdeorrés
photo_camera A familia da actriz, poeta e dramaturga Fátima Delgado está moi vencellada á vida do poeta valdeorrés
A familia da actriz, poeta e dramaturga Fátima Delgado está moi vencellada á vida do poeta valdeorrés

O legado de Florencio Delgado toca de preto a parte da súa familia e amigos, que a través dunha a otra xeración souperon salvagardar a tradición literaria do autor valdeorrés. A escritora Fátima Delgado destaca a relación da súa  familia co autor e  influencia dos seus libros na súa carreira artística.


Como foron os lazos familiares con Florencio Delgado?

A miña familia tivo moita relación durante anos. Era padriño do meu avó, de feito era primo segundo do meu avó. Nos lle chamábamos o tío Florencio, a miña familia queríao moito, con moita relación persoal, e mantiña comunicación postal coa miña nai, cartas que se gardaban como ouro en pano.

Chegou a coñecer a Florencio?

Non. Eu nacín no ano 1981, pero teño fotos da miña nai, embarazada de mín, con Florencio Delgado en Manzaneda. Sempre falábamos na casa do noso tio, exiliado, do poeta que estaba fora pero que sepre estaba presente na nosa vida. Tiñámolo nun pedestal.

Que recordos ten da obra de Florencio Delgado na súa casa?

Na casa familiar, cando era cativa, sempre estaban presentes os seus libros. Ademáis, estas obras estaban asinadas e adicadas aos meus pais, o que lle daban aínda máis valor para nós. Sempre me chamou a atención o seu léxico, o seu dominio da lingua. Cando era nena parecía unha linguaxe moi dura, moi dificil de achegarse a ese nivel de exixencia e control da lingua. Co tempo empecei a valorar e comprender a súa obra, a sú complexidade e tamén a súa cercanía.

Cando comezou vostede a escribir?

Na adolescencia comecei a preparar os meus textos e escribir poesía. Sempre me chamou o interese o uso que facía Florencio Delgado do seu galego valdeorrés,  un xeito diferente de enteder o idioma, cunha mestizaxe mexicana que me encantaba, aínda que o meu estilo é distinto.

En que proxecto artístico está a traballar nestos meses?

Aghora estou a ensaiar unha obra chamada “Poesía e pulso” coa artista BabyKatze, coa que pensamos que podemos achegarnos de un xeito directe a un público especial coma os cativos. Ela fíxome a música e entre as dúas facemos un percorrido polos lugares onde viviu Florencio. Será unha mostra que faremos por varios institutos de Galicia, e depois presentaremos en varios festivais e teatros. Tamén teño en marcha a narración oral “o tío Florencio”, unha especie de diálogo coas lembrazas e recordos familiares co meu tio, e que representarei o día 29 de maio en Combarro.

Te puede interesar