ENTREVISTA

Fátima Núñez: "En Madrid boto de menos o río Sil, o verde e poder ir andando a tódolos sitios"

20190705171335962_result
photo_camera Fátima Núñez Delgado.

Fátima Núñez Delgado naceu en O Barco de Valdeorras, localidade á que volta cada vez que llo permite a súa axenda

As súas estancias na vila natal non pasan desapercibidas; aquí desenrola unha máis que interesante actividade cultural, participando en festivais como o SilFest ou en recitais poéticos nos que presenta a súa obra.

Cantos anos fai que abandonou  O Barco?

Levo entre 10 e 11 anos en Madrid, facendo cálculos, anque xa non sei seguro.

Que motivos lle levaron a deixar a vila natal?

Marchei por traballo. A miña parella é de Madrid, despois de estar intentando conseguir traballo en Santiago de Compostela durante un ano. En Madrid, entreguei dous currículos e á media hora xa me estaban chamando de profesora de inglés. Así que foi por motivos laborais. Tamén, no traballo de actriz e de arte dramático hai moitas máis posibilidades na cidade.

Cando está fóra, vota de menos Valdeorras?

Moito. Sempre que podemos, intentamos tirar para aquí. Teño toda a familia na comarca e, respecto ao que boto de menos en Madrid, pois están o río, o verde, o feito de poder ir andando a tódolos sitios.

Da cidade de Madrid, que é o que destacaría?

En Madrid atopas moita diversidade. Hai barrios que son moi distintos entre eles e fas moita vida de barrio. Por outra banda, a oferta cultural madrileña é inmensa. Entón claro, como poeta e actriz, eu atopo un mundo alí. É a capital.

A que dedica o tempo de lecer cando está en Valdeorras?

Sobre todo, a estar moito coa familia, pois case toda está aquí. Tamén dedico o tempo a pasear e gústanos moito a beira do río Sil, coa súa pasarela. Antes, cando vivían os meus avós, tamén nos acercábamos a Córgomo  e Portela, en Vilamartín. Tiña un avó en Córgomo e unha avoa en Portela e pasábamos máis tempo alí, nesa zona. Agora, nos adicamos a disfrutar, durmir, comer e estar coa familia. Tamén ao tempo de lecer. Para min, O Barco é tempo de lecer.

Te puede interesar