A Festa do Botelo, declarada “de Interese Turístico"

Aspecto que ofreció el polideportivo de Calabagueiros, en una edición de la Festa do Botelo.
photo_camera Aspecto que ofreció el polideportivo de Calabagueiros, en una edición de la Festa do Botelo.

A Festa do Botelo, que se celebra anualmente no Barco de Valdeorras, foi declarada "de Interese Turístico" de Galicia polo Consello da Xunta que se celebrou onte. A comisión de valoración que analizou esta proposta considerou que a mesma cumple tódolos requisitos que se esixen para acadar esta declaración: ter máis de dez anos, a súa singularidades e orixinalidade, así como o arraigamento popular e o seu valor cultural, xunto a outros criterios, como a afluencia de visitantes e a calidade dos actos que configuran a celebración. 

A festa celébrase de modo ininterrumpido desde o ano 2001 e ten a singularidade de ser na actualidade unha das poucas que que teñen lugar en Galicia para honrar este singular embutido, típico e xenuino da comarca de Valdeorras. Reúne a centos de visitantes nun xantar colectivo no que se pode degustar o botelo acompañado de cachelos con repolo e chourizos, con viño tinto do Barco e torta de roxóns na sobremesa.

Te puede interesar