CITA GASTRONÓMICA

A Festa do Codillo ruesa enche o pavillón deportivo

OURENSE. 28.01.2017 A RUA, POLIDEPORTIVO MUNICIPAL FESTA DO CODILLO 2017 FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Xunto co codillo, servíronse patacas, verduras e chourizos. Non faltaron o viño e a bica.

Oitocentas persoas, según a organización, acudiron á festa gastronómica

A Rúa celebrou onte a súa popular "Festa do Codillo". A décima edición desta festa gastronómica, á que asistiron ao redor de 800 persoas, tivo lugar no pavillón polideportivo de O Aguillón.

A alcaldesa da localidade, María González Albert, asegura que o evento "foi un éxito" xa que "nunha localidade na que viven 4.500 persoas, que asistiran ao pabellón 800, é un gran dato".

O menú estivo composto polo codillo como producto estrela, acompañado por chourizos, patacas, verdura e consomé. Non faltou o viño Pingadelo e de postre, bica. "A xente repetiu varias veces", conta González Albert. "Estaba todo boísimo", engade.

Esta edición, ademais, presentou varias novidades. A primeira foi que o clube deportivo A Rúa, colocou no pavillón unha barra de bar, co cal, pasadas as 19.00 horas aínda había moito ambiente no local. A segunda foi a presenza dunha agrupación de cantos de taberna que continuaron coa festa polas principais rúas da localidade.

Esta festividade estase a converter nun referente en A Rúa, xa que como destaca súa alcaldesa: "É unha fin de semana na que se achega moita xente ao concello, case máis que no Nadal".

Os organizadores xa pensan na seguinte edición: "Queremos que esta evento vaia a máis e que dure moitos anos".

Te puede interesar