Unha fundación lembrará ao poeta Delgado Gurriarán

Despedida do ano en Córgomo.
photo_camera Despedida do ano en Córgomo.

Unha representación das instituciones que participarán na futura Fundación Florencio Delgado Gurriarán despediu cunha panxoliña o ano no que Valdeorras “foi un dos epicentros da cultura galega”, tal e como sinalou a directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez.

A peza foi composta con versos do protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), polo cantautor valdeorrés Anxo Rei, que aportou a música.

A Aira dos  Bolos de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) foi o lugar elexido para que o alcalde vilamartinés, Enrique Álvarez; o concelleiro de Cultura de A Rúa, José Vicente Solarat; Débora Álvarez; a concelleira de Cultura de O Barco, Margarida Pizcueta; a pariente de Florencio Delgado, Elva Delgado, e o creador cultural Jorge Moral, brindasen co cantautor valdeorrés coa música da devandita panxoliña de fondo.

Te puede interesar