Licitadas as obras dos antigos xulgados barquenses

photo_camera Fachada de la antigua sede judicial, en O Barco de Valdeorras.
O Concello do Barco ven de sacar a concurso a obra de reforma do edificio dos antigos xulgados, cun orzamento de 279.500 euros. Esta obra, para a que se establece un prazo de execución de seis meses, deberá estar rematada antes do 1 de decembro de 2023, e as ofertas para optar á súa execución poden ser presentadas ata o día 24 deste mes. A sede dos antigos xulgados do Barco de Valdeorras atópase sen uso desde o traslado das dependencias xudiciais ao novo edificio construído na praza Clara Campoamor. O Concello do Barco pretende que estas dependencias se destinen a albergar a sede da Policía Local e o servizo de Turismo, segundo informa a institución. Tamén se mellorará a accesibilidade, coa instalación dun ascensor que chegará ata o último andar, no que hai unha vivenda que se porá a disposición do departamentos de Servizos Sociais para situacións de emerxencia.

Te puede interesar