Licitadas as obras do vial entre Viana, A Veiga e O Bolo

O obxecto da intervención é o reforzo de firme da estrada, ademais doutras actuacións ao longo de todo o seu trazado, de algo máis de 10 quilómetros de lonxitude,

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de acondicionamento da estrada OU-129, ao seu paso polos concellos da Veiga, de Viana do Bolo e do Bolo. Segundo explica a Xunta nunha nota, a Plataforma Contratos Públicos de Galicia publicou a contratación das actuacións, cun prazo para a presentación de ofertas que remata o vindeiro 18 de maio. "O obxectivo da Xunta é iniciar as obras este verán e rematalas este ano", segundo precisa unha nota da consellería.

O obxecto da intervención é o reforzo de firme da estrada, ademais doutras actuacións ao longo de todo o seu trazado, de algo máis de 10 quilómetros de lonxitude, "de cara a mellorar a seguridade viaria". Tamén se rematará a renovación da rodaxe en todo o ancho da estrada mediante a extensión dun drenaxe transversal.

Trátase da intervención nunha estrada que permitirá a mellora da comunicación e permeabilidade territorial de varios núcleos de poboación no entorno de Viana do Bolo. Os traballos previstos inclúen a reposición de 4.000 metros da barreira metálica existente, a renovación de toda a sinalización vertical, así como a colocación de fitos quilométricos e captafaros.  

Ademais, prevese o repintado de todas as marcas viarias, a limpeza das marxes da estrada, con limpeza e reapertura de cunetas, e a adecuación de treitos antigos como cambios de sentido. No marco deste contrato, actuarase tamén na zona de conexión da estrada OU-533, ampliando a plataforma dun ramal para dar continuidade á sección da estrada, máis 2 metros de cuneta  transitable. 

Tamén se corrixirá o peralte da curva do punto quilométrico 8+400 da OU-129, renovaranse as xuntas de dilatación na ponte sobre o río Xares e procederase á renovación da capa de rodaxe e á reparación das beirarrúas. 

Te puede interesar