OS MAIOS

Os maios barquenses se citan na praza do Príncipe

A festa dará comezo as 11,30 horas coa apertura da Feira de produtos de alimentación e artesanía, e a presentación dos maios, enxebres e artísticos, que tomarán parte no concurso

A praza do Príncipe de O Barco acollerá o próximo 1 de maio a festividade dos Maios. A  festa dará comezo as 11,30 horas coa apertura da Feira de produtos de alimentación e artesanía, e a presentación dos maios, enxebres e artísticos, que tomarán parte no concurso.

Para iso deberán inscribirse antes das 12,00 horas do 30 de abril nas oficinas da AEVA na praza do Concello. O Centro Comercial Aberto participa xunto co Concello do Barco na organización do evento.

As 12,30 horas haberá actuacións de música e baile tradicional, e as 13,30 horas cantaranse as coplas. Xa pola tarde (as 17,30 horas) será a representación de teatro guiñol que ofrecerá Mircromina Títeres baixo o título de Vacacións no mar. Ás 19,30 horas daranse a coñecer os premios e finalizará a festa.

Te puede interesar