Tres mil euros ao gañador do Delgado Gurriarán

Na súa cuarta edición, o Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán xa forma parte do elenco de certámenes poéticos de Galicia. Así o apuntaron os asistentes á súa presentación, que tivo como escenario o salón de plenos do Concello de Vilamartín. Só haberá un gañador, que se levará 3.000 euros, e o prazo de presentación rematará o 29 de setembro.

Os textos deberán estar escritos en galego, ser inéditos e ter unha extensión de entre 15 e 90 versos. Poderán presentarse ata tres traballos e o gañador coñecerase na Gala do Premio.

Ao acto e presentación asistiron o alcaldes de Vilamartín, Enrique Álvarez; a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista; a concelleira de Cultura de O Barco, Margarida Pizcueta; o edil vilamartinés Manuel Sánchez, e o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Álvarez. Non faltou a autora do cartel, a ruesa Carina Rodríguez: “O que quixen reflexar foi unha obra que nos transportase a ese mundo onírico no que nos temos que atopar para transformar os obxectos cotiás e os acontecementos do día a día en poesía”, dixo. A gala de entrega de premios se desenvolverá no Teatro Lauro Olmo en outubro e a presentará o artista valdeorrés Anxo Baranga.

Te puede interesar