Letras Galegas 2022

Un mural embelecerá Córgomo coa figura de Florencio Delgado

Mural de Anxo Baranga en Córgomo. (Arquivo)
photo_camera Mural de Anxo Baranga en Córgomo. (Arquivo)
A execución do mural está enmarcada dentro das actividades dos veciños para combater a despoboación

Un novo mural homenaxeará á figura de Florencio Delgado na súa vila natal, Córgomo. A temática do mural centrarase no poeta valdeorrés, que será homenaxeado neste Día das Letras Galegas; así como "unha mestura de Córgomo, México e o viño", segundo adiantaban fontes veciñais.

En concreto, embelecerá o barrio de Surrego. A súa execución comezará o sábado pola mañá, a partir das 9,30 horas, e o fin dos traballos está previsto paora o domingo pola mañá. A actividade está dirixida a nenos e maiores, baixo a batuta do deseñador do mural, Gerardo Rodríguez Ramos "Chere"; e está promovida polas mulleres rurais e polos veciños de Córgomo coa colaboración da comunidade de montes e o Concello de Vilamartín.

Actividades para poñer en valor o rural

A execución do mural é unha das actividades que os veciños planean levar a cabo en Córgomo, nas que as mulleres rurais xogan un papel fundamental.

Segundo detallan, atópase en proxecto outro mural, mentres se segue co emebelecemento da vila con maceteiros, placas cos nomes das airas e barrios e a restauración de bancos.

"Todo isto é un grao de area na recuperación e posta en valor do rural. Por medio de estas actividades facemos pobo, perseguimos que os que viven en Córgomo quererán seguir vivindo e abrimos as portas a sumar máis veciños e combater a despoboación no rural", valoran os veciños, invitando a visitar os traballos de embelecemento da localidade.

Te puede interesar