Obradoiros, sinaturas e música: Programa da Feira do Libro do Barco

Feira do Libro do Barco do ano pasado. (Arquivo)
photo_camera Feira do Libro do Barco do ano pasado. (Arquivo)
Seis autores asinarán as súas obras na Feira do Libro do Barco, que contará tamén con obradoiros, música e arte

O Barco acollerá este sábado e domingo a Feira do Libro, cun programa no que destacan as sinaturas de diversos autores, así como outras actividades destinadas a nenos e adultos. Un obradoiro de creación de marionetas, así como a música que pinchará un DJ, serán o condimento para esta cita literaria.

O horario das casetas onde se establecerán os distintos vendedores será de 11,00 horas a 20,30 horas, ámbolos dous días. O espazo feiral será o Paseo do Malecón, e o programa das actividades é o seguinte:

Sábado, 7 de maio

11,30 horas | Obradoiro de creación de marionetas dirixido por Mircromina. A inscrición está aberta ata o venres, día 6, na biblioteca municipal. Poderán apuntarse nenos maiores de 6 anos ou menores acompañados de adulto.

17,30  horas | Contacontos de "O estraño Ser", escrito por Eva Iglesias e ilustrado por Eva Piay. Trala lectura haberá actividades nas que se crearán monstros, con eles decorarase o espazo da feira.

Domingo, 8 de maio

12,30 horas | Presentación do libro "Abracadabra Rubén", de Josefa Salgado Pérez.

13,30 horas | Sesión vermú co DJ e coleccionista de discos Jas Processor, centrándose na música que puido rodear a Florencio Delgado.

16,30 horas | "Conversas Prohibidas". Intervención social e artística do grupo Pentarumbas. Nela, xuntaranse dúas persoas descoñecidas para falar de temas polémicos durante cinco minutos. O obxectivo, explican dende Pentarumbas, é "animar á cidadanía a que fale sen ningún tipo de mediación".

18,00 horas | Presentación e sinatura de libros de adultos:

  • Orde Caos: "Carta al Fantasma".
  • Edelmiro Mateo García: "O destino de Alazán"
  • Mencía Yano: "Pintando Nueva York" e "El amor siempre llama dos veces"
  • Alberto Vázquez Corzo: "La Ira del Cerval"
  • Miguel Ángel Martínez Coello: "A bela Otero"
  • Avelino Jácome: "Historias do fumeiro"

Te puede interesar