POESÍA

Paco Campos presentará o seu último disco na Coruña

Francisco “Paco” Campos
photo_camera Francisco “Paco” Campos
Paco Campos recitará e musicará algúns dos versos máis representativos do poeta de Córgomo, Florencio Delgado

Un recital poético-musical con soporte audiovisual acompañará a presentación na Coruña do disco “Cantareas na noite, do barquense Paco Campos e baseado na obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán. O acto foi organizado pola asociación cultural Alexandre Bóveda.

Durante o acto, Paco Campos recitará e musicará algúns dos versos máis representativos do poeta de Córgomo (Vilamartín). A súa intervención estará acompañada co soporte audiovisual do director de Petín, Domingo D. Docampo, autor de “O castiñeiro morto”, unha curtametraxe centrada en Florencio Delgado Gurriarán, que poderá verse antes do recital.

Paco Campos ten no seu haber catro discos, acompañado polo grupo Chaira: “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro”, “Ó rompe-lo día”, “Laura, ollos de auga”, e “Un Atlántico de música”.

Te puede interesar