Valdeorras

O PP confía en Elías Rodríguez para Rubiá

Valdeorras

VALDEORRAS

O PP confía en Elías Rodríguez para Rubiá

Manuel Baltar e Elías Rodríguez.
photo_cameraManuel Baltar e Elías Rodríguez.

Cunha traxectoria de vinte anos na corporación local, dezaseis deles como alcalde, Elías Rodríguez defende o traballo "realizado en todo este tempo para o progreso do Concello de Rubiá

Elías Rodríguez Núñez buscará de novo a confianza maioritaria da veciñanza de Rubiá cun proxecto de mandato "no que a dinamización turística, pensada ademais en clave de comarca, será un dos puntos fortes do noso programa". Así o puxo de manifesto onte o PP nunha nota de prensa. Unha proposta que para o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, "obterá unha vez máis sen dúbida o apoio dos habitantes de Rubiá, que teñen no candidato e no seu equipo o aval da reivindicación permanente dos intereses do concello".

Cunha traxectoria de vinte anos na corporación local, dezaseis deles como alcalde, Elías Rodríguez defende o traballo "realizado en todo este tempo para o progreso do Concello de Rubiá, ao que chegou por considerar que había moitas necesidades que non estaban cubertas, polo que decidimos presentar un novo proxecto que ilusionase á xente". 

Más en Valdeorras