Política

Noa Presas propón ó sector da automoción da Rúa “reinventarse”

Presas destacou a necesidade de abrir un Plan de reindustralización en Ourense

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mantivo este venres un encontro co comité da empresa ruesa Autoneum para coñecer de primeira man a situación do sector da automoción, que está chamado a "reforzarse, reiventarse e a ser unha das estratexias claras que precisa a provincia de Ourense" para a súa reindustrialización a partir do 12 de xullo.

Presas destacou a necesidade de abrir un Plan de reindustralización na provincia de Ourense e mantivo o compromiso de apostar por "destinar fondos públicos para a fixación de emprego e a localización de empresas en Ourense". Así mesmo, a candidata do BNG reforzou a idea propoñendo liñas de apoio relacionadas co I+D+I e co valor engadido.

Por outra banda, Presas tamén explicou que é prioritario un Plan de Ordenación Industrial para activar a produción en Ourense. "Non é de recibo que na zona de  Pontevedra teñamos coñecemento de empresas con matrices galegas, se instalen no norte de Portugal porque aquí non atopan chan industrial tendo en Ourense con polígonos enteiros inzados de toxos" criticou a candidata nacionalista.

Engadiu que "hai que pular por políticas de atracción de empresas e aproveitar todo o capital de formación e experiencia que existe en Ourense para que sexamos capaces de adaptarnos, innovar e atraer sobre todo en momento de incertidume e cambio coma estes" alegou sinalando o cambio de combustible e as posíbeis políticas proteccionistas que se puideran tomar por parte das grandes empresas.

Te puede interesar