POLÍTICA

O PSOE puxo en marcha a agrupación local de O Bolo

o_bolo2_result
photo_camera Os participantes na xuntanza posan tras a constitución da agrupación.

O portavoz municipal, Juan Ferreira Ricón, foi elexido como secretario.

Juan Ferreira Ricón, actual portavoz do grupo municipal socialista, foi elexido o pasado fin de semana como secretario da agrupación socialista de O Bolo.

O acto de constitución da agrupación tivo lugar en O Bolo e contou coa presencia do novo secretario xeral provincial recentemente elexido nas primarias, Rafael R. Villarino; do actual presidente da xestora e alcalde de Petín, Miguel Bautista; do portavoz socialista na Deputación de Ourense, Francisco Fraga Civeira, así coma de militantes e simpatizantes coailistas, entre os que se atopaban deputados provinciais e alcaldes da comarca.

Na asamblea, ademais do secretario local, foi elexida e Rosa Pérez para facerse cargo da secretaría de organización, mentres que Xosé Petronilo asumíu a responsabilidade da área de Política Municipal.

No transcurso da asamblea, o novo secretario xeral local, Juan Ferreira, agradeceu o apoio da organización a nivel provincial e dos e das compañeiros da Deputación, posto que, de todos é sabido, o grupo socialista no Bolo, enfronta diariamente numerosas dificultades derivadas da mala xestión coa que o PP está dirixindo o concello.

“Non é doado ser socialista neste municipio, pese ó amplo respaldo electoral que recibimos nas eleccións e que imos camiño de revalidar e superar, non é doado por culpa das prácticas caciquís e coercitivas do goberno dirixido polo señor Corzo", asegurou o novo secretario local.

Coa constitución da agrupación, os socialistas de O Bolo amosan a súa convicción de que estána realizar "un bo traballo" na oposición do Concello bolés, fiscalizando as actuacións do goberno municipal e atendendo as demandas da veciñanza.

Así mesmo, os novos responsables locais do partido aproveitaron para anunciar que xa están elaborando o programa electoral para as vindeiras eleccións municipais, posicionándose como o cambio "alternativa real para o goberno municipal".

Te puede interesar