Axenda

Que facer en Valdeorras nesta ponte do Día das Letras Galegas

As actividades do Día das Letras Galegas serán o plato forte.
photo_camera As actividades do Día das Letras Galegas serán o plato forte.
As actividades en torno á homenaxe ao poeta Florencio Delgado centrarán a atención da comarca, pero haberá máis

Cine na Rúa

Esta fin de semana poderase gozar de tres películas na Rúa. "Downton Abbey: Una nueva era", "El secreto de Vicky" e "El juego de las llaves" serán proxectadas na pantalla do Centro Cultural Avenida.

  • "Downton Abbey: Una nueva era". Venres 13: 22,30 horas. Sábado 14: 19,30 y 22,30 horas. Domingo 15: 19,30 horas.
  • "El secreto de Vicky". Sábado 14, domingo 15 y martes 17: 17,00 horas.
  • "El juego de las llaves". Luns 16: 20,00 y 22,30 horas. Martes 17: 19,30 horas.

Venres 13 de maio

Concerto. O Barco: "Sex"

Los Sex levarán o seu rock ao Café Teatro Bajo 5 (praza do Sagrado do Barco) ás 23,00 horas deste venres. A entrada será gratuita.

Sábado 14 de maio

O Barco: Obradoiro de xogos tradicionais

Require inscrición previa na biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, e terá lugar en horario de 11,00 a 13,00 horas.

Deporte. O Barco: Campionato de España de Augas Bravas

O Campionato de España Descenso de Augas Bravas Sprint e Clásica terá lugar esta fin de semana no Barco de Valdeorras. O sábado terán lugar as seguintes probas, con saída en Éntoma e meta na pasarela do Salgueiral:

  • 15,00 horas. Campionato de España de Descenso Clásica individual
  • 18,00 horas. Campionato de España modalidade Patrullas Clásica
  • 19,00 horas. Campionato de España Xoves Patrullas

O Barco: Serán poético

Performance co colectivo Barullo e cinco poetas, que sairá de Abdón Blanco cara o casco vello polo Malecón ás 19,00 horas.

Domingo 15 de maio

Deporte. O Barco: Campionato de España de Augas Bravas

O domingo pecharanse as probas co Campionato de España modalidade Sprint individual. Os participantes sairán esta vez dende o Cachón (Casas Baratas). A primeira manga será ás 10,00 horas; a segunda, ás 11,30 horas.

Concerto. A Rúa: Homenaxe a Florencio de Abertal

O colectivo de música tradicional homenaxeará o autor de Córgomo ás 12,30 horas na praza do Concello.

Contacontos. O Barco: "Florencio nas ondas"

Contacontos de Raquel Queizás que repasa a vida do poeta. Será ás 12,30 horas, na ribeira del Sil á altura da biblioteca.

Luns 16 de maio

Concerto. O Barco: Sr. Jingles

Sr. Jingles actuará no marco das actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas. Ás 19,00 horas, fronte ao Teatro Lauro Olmo.

O Barco. Concerto das Letras Galegas: Zoar Ensemble

O Consello da Cultura Galega festexa as Letras Galegas cun concerto no Teatro Lauro Olmo, que correrá a cargo de Zoar Ensemble. Será ás 20,00 horas.

Martes 17 de maio, Día das Letras Galegas

O Barco. Acto institucional da Xunta

A Xunta de Galicia celebrará o seu acto institucional do Día das Letras Galegas no Teatro Lauro Olmo, con intervención de autoridades e concerto de Roi Casal. Está programado para as 11,00 horas.

O Barco. Maratón de lectura da asociación Vagalume

A asociación Vagalume organiza o seu maratón de lectura polo Día das Letras Galegas. Comenzará ás 11,00 horas na praza do Concello.

Córgomo, Vilamartín. Pleno da Real Academia Galega

Ás 12,30 horas na Aira dos Bolos de Vilamartín, a Real Academia Galega celebrará a súa sesión extraordinaria e pública en homenaxe a Florencio Delgado.

Concerto. Petín e Córgomo: Acordeireta

Petín acollerá na súa praza ás 12,30 horas a actuación do grupo Acordeireta, dentro da programación das Letras Galegas. Repetirán pola tarde na Aira dos Bolos de Córgomo, ás 18,00 horas.

Teatro. O Barco: "Tras os vieiros de Florencio"

A compañía Fantoches Baj interpretará "Tras os vieiros de Florencio", unha peza de teatro performance, no Teatro Lauro Olmo ás 20,00 horas.

Deporte. O Barco: Torneo de petanca

O Club Petanca Valdeorras organiza un torneo de petanca para inaugurar a ampliación das pistas de petanca do Chao. Será en horario de mañá e tarde. É posible inscribirse alí mesmo tódolos días a partir das 16,30 horas, de maneira gratuíta.

Te puede interesar