A Real Academia Galega divulgará os topónimos de O Barco

Na charla exporanse topónimos barquenses.
photo_camera Na charla exporanse topónimos barquenses.
Ademais de falar dos topónimos do Barco, presentarase a aplicación "Galicia Nomeada" explicando o seu uso

A campaña da Real Academia Galega “toponimízate” falará do Barco de Valdeorras a vindeira semana. Vicente Feijoo, coordinador técnico de toponimia do Seminario de Onomástica da RAG, explicará aos interesados cal é a orixe e significado dos nomes de lugares do concello barquense. Tamén detallará o funcionamento da aplicación colaborativa “Galicia Nomeada”, que permite que a veciñanza poida subir os microtopónimos da súa zona: nomes de eiras, veigas, devesas ou fontes, tal e como explican dende a institución lingüística. Segundo sinala a Academia, “constitúen un patrimonio inmaterial único que corre o risco de se perder e que cómpre salvagardar”.

A charla será telemática e poderá seguirse o 22 de novembro a partir das 15,40 horas a través da canle de YouTube da RAG. Ademais, será proxectada nos institutos da localidade, así como na Casa da Cultura e na Aula Cemit do Barco de Valdeorras.

A iniciativa é promovida pola RAG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na que se divulga o valor da toponimia tradicional e se procuran colaboradores para a súa conservación a través da devandita aplicación.

Te puede interesar