Purificación Rodríguez será homenajeada en la Festa do Botelo

'O traballo na fonda era moi escravo'

A hosteleira Purificación Rodríguez agradece a homenaje da Festa do Botelo.
Con 76 anos, Purificación Rodríguez Núñez será homenaxeada na “IX Festa do Botelo”, que se desenrolará o vindeiro sábado, no pavillón do Instituto Martaguisela de O Barco. Perante 55 anos rexentou unha coñecida fonda da vila.

Por que se puxo a fronte da fonda?

Meu pai veu de Sampaio, preto de A Rúa, e vendía pescado. Xa en O Barco, os meus pais mercaron a casa de Manuel Quiroga e viñeron para aquí. Eu, con sete anos, xa me subía ás camas para facelas, pero era moi pequena e reñíanme. Despois de cumprir os 12 anos quedei ao fronte da fonda. Era un traballo moi escravo. Comezamos a miña nai e máis eu, anque despois entrou unha muchacha.

Quenes soían visitar o seu negocio?

Viña moita xente, moitos en caballerías, desde Alberguería ou A Baña (León). Viñan a comprar e comían aquí. Daquela tiñamos dez camas, despois ofrecimos máis, ata unhas trinta. Estaba eu soa ao cuidado dos meus fillos, dúas rapazas e un rapaz.

En que ano abriu a fonda?

Abrín no 1936. A miña nai marchaba á horta e non viña ata a hora de comer, para facer a comida. Eu fun a maior de sete irmáns. Tiñamos cantina, comercio e fonda. Con 16 anos, meus pais foron a tomar os baños e quedei ao fronte do comercio, da fonda e dos irmáns.

Mantén contactos con algún dos seus clientes?

Os gardas sempre pararon aquí, dende o día que abrín, e tamén moitos viaxantes, viña todo tipo de xente. Hai un maestro, que daba clase en Sobradelo e que agora vive en Ourense, que pasou aquí dez anos e que nos chama todos los anos pola Noiteboa.

Atopa moitos cambios en O Barco?

De que se queixan agora. Do traballo? Antes, tiñamos que fregar o solo en xeonllos, apañar a auga da fonte para a fonda e ir lavar ao río. Era unha escravitude. Agora, hai de todo.

Alegroulle a homenaxe que lle brinda o Concello?

Paréceme ben. Alegroume un pouco. Menos mal que alguén se acorda de min. Eu sempre fun humilde. Non teño nada, pero anque tivese millóns, nunca sería “estirada”. Ninguén de O Barco pode dicir que dixen algo de el. Xamais! Atendía a miña casa, aos meus fillos e ao meu traballo, e nada máis.

Cando deixou a fonda?

Deixei a fonda cando me xubilei, hai case 15 anos, e nunca tiven un enemigo na fonda. Sempre me trataron ben.

Se manexaba ben na cociña. Cales eran as súas especialidades?

A que máis eran os callos, aunque as empanadas tamén as fago moi ben. Na festa mataba xatos enteiros e tamén cociñabamos troitas, anguias, polos. Non tiña nin domingos, nin días santos.

Te puede interesar