TRIBUNA

Os Premios da Crítica aunaron viño e poesía de Valdeorras

Na cita participaron máis de 300 persoas vencelladas coa cultura de Galicia

O día 11 deste mes de Santos de 2019,  celebrouse en Vigo a XLII edición dos Premios da Crítica de Galicia, no auditorio do Centro  Social Afundación,  de Vigo, onde houbo unha asistencia de máis de 300 persoas vencelladas coa cultura de Galicia.  Contouse ca presenza do presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, e cos ex-presidentes Xosé Luís Méndez Ferrín e Xesús Alonso Montero, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e o pintor Antón Pulido, ademáis de xente representativa da Cultura e da Gastronomía de Galicia.

“Teñamos o valor de darnos o futuro”, foi o lema deste ano nos Premios da Crítica, uns versos do poeta coruñés, Manuel Alvarez Torneiro, falecido hai poucas datas.

O acto foi aberto polo presidente da Fundación Premios da Crítica de Galicia, Bieito Ledo, sinalando que “o século XXI está sendo unha época de esplendor para Galicia, como lugar de encontro, universal e orixinal” e pechou o mesmo o alcalde de Vigo, Abel Caballero afirmando que Vigo sempre foi escenario do xurdimento de movementos culturais”.

Ao final do acto houbo unha degustación de petiscos con viños galegos. Tomouse  viño blanco Terras Gauda, de Bodegas Terras Gauda e o viño tinto de Valdeorras, Joaquín Rebolledo de la Adega Joaquín Rebolledo, de A Rúa de Valdeorras,  figurando unha poesía, na contraetiqueta da botella, de Manuel María , o poeta Chairego, dedicada o ilustre adegueiro de Valdeorras, Joaquín Rebolledo, un dos  persoaxes máis relevantes no estudo das castes do viñedo de Valdeorras, xuntamente con don Pepito de Viloira e Hixinio Movilla González de O Barco, na última metade do século pasado.

Na edición dos Premios da Crítica de Galicia de 2017 suxerinlle  ao presidente da Fundación dos Premios da Crítica de Galicia, a idea de poñer, na contraetiqueta das garrafas ou botellas do viño, unha poesía na lingua de Rosalía de Castro, que falase do viño e viñedos de Valdeorras, que me foi aceptada. 

Con esta iniciativa logramos que os viños de Galicia, concretamente os de Valdeorras, foron os primeiros en levar poesía valdeorresa e galega .

Na celebración dos Premios da Crítica de Galicia dos anos 2017 e 2018 as botellas de viño foron das adegas Pagos de Galir e Bodega Roandi, de Entoma. Levaron unha poesía feita por Ricardo-Lito Martínez Barros, valdeorrés, sobre o viño da terra  de Entoma, destacando unha foto dunha das tantas orquestras de música de Entoma, das que foi director Ricardo Martínez Tato.

Nesta última edición dos Premios de 2019, as botellas levaban na contraetiqueta , unha poesía de Manuel María, dedicada a Joaquín Rebolledo, na que “con que vella meiguería ou por que raro saber podes facer, coas vides do Sil cantareiro en Val de Orras,  un viño escelente, asombro do mundo enteiro”

Esta poesía chea de Saudade, transmite, unha das mellores esencias da terra de Valdeorras que produce esta clase de viño. 

Xa decía  Alvaro  Cunqueiro no seu Merlín, que os tintos de Valdeorras eran os que tomaba  o Abade do Cister que lle mercaba ós Señores Bernaldos de Meira.

Serían  do viñaredo de Joaquín Rebolledo?

De tódolos xeitos penso que foi unha persoa importante para a cultura da viña e do viño para Galicia e que seguro que está a beira dos Bos e Xenerosos, ollando a pegada que deixou.

Te puede interesar