política

Viana aproba a dedicación parcial de Graciela Diéguez

O PP votou en contra destes puntos, por consideralo un gasto excesivo, ao que respostou o alcalde, Secundino Fernández, sinalando que o anterior goberno do PP gastaba por este concepto 87.000 euros e o goberno actual gasta tan só 32.000 euros.

A corporación l de Viana do Bolo aprobou, cos votos a favor dos cinco edís do BNG, que goberna co respaldo do edil do PSOE, a dedicación parcial da concelleira de Cultura e Xuventude, Graciela Diéguez. O Concello celebrou unha sesión ordinaria do pleno, na que se abordou tamén unha revisión das retribucións da alcaldía e do teniente de alcalde, que subirán un 1%.

O PP votou en contra destes puntos, por consideralo un gasto excesivo, ao que respostou o alcalde, Secundino Fernández, sinalando que o anterior goberno do PP gastaba por este concepto 87.000 euros e o goberno actual gasta tan só 32.000 euros.

Te puede interesar