Viana do Bolo abre un novo aparcamento público e gratuíto

Está situado por baixo da estación de autobuses e fronte ao centro de saúde

O Concello de Viana do Bolo puxo en marcha un novo aparcamento público e gratuíto no centro da vila, coa finalidade de paliar os problemas que tiña a vila co estacionamento, principalmente nos meses de verán. Segundo informaba onte o alcalde de Viana, Secundino Fernández, o novo aparcamento xa está aberto ao público, unha vez que se procedeu ao pintado das prazas.

Dito aparcamento está situado por baixo da estación de autobuses e fronte ao centro de saúde.  Esta infraestructura atópase a "uns minutos andando da Praza Maior" e dispón de 40 prazas, das que un total de vinte están a cuberto.

Este servizo únese ás prazas que xa se acondicionaron no colexio Bibei, coa finalidade de dar solucións aos problemas de aparcamento existentes, sobre todo nesta época co aumento do número de visitantes.

Te puede interesar