Valdeorras

Larouco incrementa os medios para a loita contra incendios

Valdeorras

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Larouco incrementa os medios para a loita contra incendios

Momento da sinatura entre o alcalde de Larouco, Joaquín Prieto, e a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez.
photo_cameraMomento da sinatura entre o alcalde de Larouco, Joaquín Prieto, e a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez.

Ánxeles Vázquez asinou co alcalde Joaquín Prieto a adquisición dun tractor para desbroce do monte

Dobre cita da titular de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, en dous dos concellos do Este ourensán, como son Manzaneda e Larouco. No primeiro deles, as autoridades coñeceron en Manzaneda o proxecto de mellora das condicións enerxéticas e de confort térmico, salubridade e benestar no coidado de persoas maiores na residencia municipal da terceira idade Gabino García. Trátase dunha iniciativa promovida pola entidade local, que recibiu unha achega de fondos Leader de 134.922 euros para un investimento total de preto de 150.000 euros. 

Fixéronse traballos de mellora das condicións tanto de inverno como de verán, co cambio dunha caldeira, no primeiro caso, e a instalación dun sistema de renovación e extracción de aire, no segundo. Ademais de optimizar as condicións dos residentes, con estes labores acadouse un aforro de combustible de máis de 12.000 euros ao ano.

No que atinxe ao municipio de Larouco, a conselleira asinou co alcalde, Joaquín Prieto, un convenio de colaboración para fomentar a limpeza de matogueira mediante a adquisición por parte do concello dun tractor e dous apeiros para rozar (unha trituradora e outro de brazo). Medio Rural achegará un total de 102.850 euros para apoiar esta iniciativa, no contexto da prevención de incendios forestais. A a entidade local aportará outros 32.000 euros.

Más en Valdeorras