festival

O arte do graffiti inaugurou o Extruga Street

Extruga Street verinense.
photo_camera Un grupo de fans sigue un dos concertos do Extruga Street verinense. (XESÚS FARIÑAS)
Hoxe sábado terá lugar unha xuntanza de Scooter e outra de BMX, ademais dun obradoiro de Rap

A terceira edición do Extruga Street de Verín, un evento de carácter urbano que engloba música, arte e deporte, comezou este venres cun obradoiro de graffitis no que participaron, a primeiras horas da mañá, os cativos da Ludoteca e do Campamento Urbano do Concello de Verín. Entre todos eles decoraron un muro do exterior da Piscina Climatizada da localidade. 

Pola tarde, na Praia Fluvial, realizouse un obradoiro de slackline, un de decoración de gorras e unha batalla de regueifas na que participaron numerosos mozoS. Pola noite, a partir das 21,15 horas, foi a quenda das actuacións musicais entre as que se puideron disfrutar algunhas de artistas locais. Os organizadores quixeron resaltar a importancia destas iniciativas que apoian o talento da vila e serven de plataforma para darlle visibilidade e fomentar o seu crecemento.

Hoxe sábado as actividades trasladaranse á zona do Skate Park de Verín e durante o día celebrarase unha xuntanza de Scooter, outra de BMX e un obradoiro de rap ofrecido pola Asociación Vella escola de Santiago de Compostela.

Pola noite volverán os concertos no recinto da Lonxa Agropecuaria, na mesma zona do Skate Park, e o público poderá gozar de destacados artistas como Dakidarría, Sara Lugo, J-Dose e Skandalo GZ.

Te puede interesar