FEIRA

Os artesáns locais de Allariz venderán as súas creacións ata o vindeiro día 25

Ourense. 22-07-17. Local. Feira de Artesanía en Allariz.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Feira de Artesanía en Allariz.

O Mercado Local de Artesanía, no que participan nove artesáns da comarca, cumpre as espectativas que tiña o Concello

Os artesáns de Allariz inundan cos seus postos a rúa Pepe Puga durante toda esta fin de semana. Trátase dunha nova edición do Mercado Local de Artesanía de Allariz, organizado pola asociación de Artesáns da vila, en colaboración co Concello e que ten como obxectivo dar a coñecer e promocionar a actividade dos artistas locais aproveitando a tempada alta de verán. Neste sentido, e segundo sinalou Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica de Allariz, "trátase dunha actividade exclusivamente local, non hai artistas invitados de ningún tipo". A feira prolongarase ata o vindeiro día 25 de xullo, data festiva na que se celebrará o día do Apóstolo. 

As condicións metereolóxicas están permitindo que sexan moitos os compradores que se acheguen ata a zona da Barreira de Allariz para participar nos obradoiros que, puntualmente, realizan os artesáns nos seus lugares de venda co obxectivo de mostrar as súas destrezas. Durante a xornada de onte e segundo sinalou a concelleira de Promoción Económica do Concello de Allariz, que colabora coa organización e montaxe do evento, "a afluencia de xente está sendo moi boa". Cristina Cid sinalou que, nesta liña, "estanse cumprindo as expectativas para as que se fixo o mercado aínda que agardamos que durante o día de hoxe domingo, nos visite máis xente". 

No Mercado Local de Artesanía de Allariz, que se adoita celebrar tres veces ao ano entre os meses de abril, xullo e agosto, danse cita artesáns que traballan a bisutería, a xoiería, o coiro ou a madeira. En total son nove os artistas que teñen instalados os seus postos na rúa Pepe Puga. Tamén hai pintores que mostran as súas obras a todos os visitantes. "Nesta actividade preténdese que os compradores do Mercado poidan, ademais de coñecer as obras dos artesáns, establecer contacto con eles e, incluso, visitar os seus talleres", explica Cristina Cid. 
María Gómes, unha das xoieiras que participa no Mercado destacou a presenza de moitos visitantes: "Esperábamos menos gente que la que está asistiendo", sinala. "Ha venido gente de toda la provincia e incluso de lugares como Bilbao, Bélgica, Inglaterra o Francia", engade. A artesana sinalou que a celebración do Mercado "es una iniciativa fundamental". "Además de poder vender nuestras creaciones lo pasamos de maravilla. Antes hacíamos el Mercado en el Museo del Cuero pero no tiene la misma afluencia de gente que en la Barreira.

Te puede interesar