gastronomía

Bande amosa os seus productos nunha feira

bande
photo_camera Autoridades asistentes á inauguración da Feira de Productos Endóxenos.
O evento prolongarase durante a xornada do martes para ensinarlle a veciños e visitantes a riqueza natural e artística da contorna

Arredor dunha trintena de expositores amosan estes días en Bande o mellor da comarca na XXIII edición da Feira de Productos Endóxenos, organizada co obxectivo de poñer en valor o patrimonio material da zona da Baixa Limia. Cunha especial atención ós sectores artesanal e gastronómico, o evento prolongarase durante todo o martes para ensinarlle a veciños e visitantes a riqueza natural e artística da contorna. Á inauguración oficial acudiron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a deputada no Congreso, Ana Belén Vázquez, e o alcalde de Bande, José Antonio Armada, que estiveron acompañados por outros rexedores das comarcas de Celanova e a Baixa Limia. 

Todos eles coincidiron en sinalar a importancia deste tipo de iniciativas para a posta en valor dos productos endóxenos. A programación da feira complétase coa exposición "Máis alá do raizame" de Domingo Ribao, que pode visitarse no edificio do Concello.

Te puede interesar