música

Castrelo combina viño e música no Ribeiro Blues

Os visitantes terán a súa disposición unha gran carpa para poder catar os viños dun total de 22 adegas do Ribeiro

A sexta edición do "Ribeiro Blues Wine Festival" chega hoxe e mañá ó parque náutico de Castrelo de Miño nun formato de festival que combina a actuación de grupos musicais de renome internacional coa degustación de viño do Ribeiro. O Concello de Castrelo, a Deputación provincial e o Consello Regulador da Denominación de Orixe son os organizadores de este evento, que dará comezo hoxe ás 21,00 horas á beira do encoro do río Miño, cos concertos previstos dos grupos Corey Harris Band, Blues Time e Renegados.

Os visitantes terán a súa disposición unha gran carpa para poder catar os viños dun total de 22 adegas do Ribeiro e de comer en sete casetas de Street Food ou elexir o pulpo que cocerá unha veciña da localidade carballiñesa de Arcos. Mañá será o turno de los conciertos de Aurora&The Betrayers, José Luis Pardo&The Mojo Workers y Vudú.

Te puede interesar