Castrelo de Miño ten prevista a degustación de 2.000 quilos de anguía dende hoxe na súa festa

O campo da localidade de Barral, no municipio de Castrelo de Miño, acollerá dende hoxe e ata o vindeiro xoves a ‘XV Festa da Anguía’, coincidindo coa celebración dos festexos patronais na honra da Virxe das Neves. O alcalde, Xurxo Rodríguez, adiantou que ‘no acto da inauguración, previsto para as oito do serán, está confirmada a presenza da secretaria xeral de Benestar, Susana López; o delegado territorial da Xunta, Roxelio Martínez, e o senador ourensán do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza.
Una asociación integrada por 10 veciños e veciñas é a encargada de sacar adiante o festexo gastronómico, no que se prevé a degustación de 2.000 quilos de anguías nas tres xornadas por parte das miles de persoas que confían se acheguen ata Barral. O programa abrirase hoxe cos pasarrúas da charanga ‘Sur do Condado’, mentres a verbena correrá a cargo da orquestra ‘Saudade 73’, de Vigo. Mañá mércores, oficiarase ás 12.00 horas na igrexa parroquial de Castrelo unha misa solemne coa participación da banda de música ‘La Lira’ de Ribadavia, que ofrecerá tamén un concerto para o público asistente.

A partir das 19.00 horas comezará a degustación de anguías no recinto de Barral, antes das actuacións das orquestras ‘Tango’ e ‘Pasarela’ e a sesión pirotécnica prevista para a unha da madrugada. Na xornada do xoves haberá unha charanga e un festival musical coas orquestras ‘Alabama’ e ‘Xuntanza’ para clausurar as festas pola noite.

Te puede interesar