infantil

Os cativos fabricaron o seu monicreque no Carballiño

titeres
photo_camera Os nenos disfrutaron con Títeres Babaluva na mañá deste luns (ÓSCAR PINAL).
Babaluva e Os Contos de Pablísimo abriron o "Festival de Títeres" que rematará o vindeiro venres 

O teatro máis xenuíno achégase esta semana ó Carballiño coa celebración do "Festival de Títeres", que organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación de Ourense. A primeira xornada do programa tivo este luns, ó mediodía, como protagonista, a Mirari Urruzola, da compañía Títeres Babaluva, que ensinou ós máis cativos como fabricar o seu propio monicreque a partir de bolsas de plástico, de xeito que delas saíron cabaliños de mar, pulpos e peixes de tamaños e formas diferentes, un obradoiro pensado á xeito de ensinar ós rapaces cómo reciclar os materiais de refugallo. Esta actividade desenvolveuse na praza de Emilia Pardo Bazán, que pola tarde, foi escenario da montaxe "O Paroleiro", da compañía Os Contos de Pablísimo, ó que asistiron un centenar de nenos acompañados polos seus familiares.

A historia do Paroleiro non foi máis que un relatorio de contos que empezan ó revés, que teñen finais diferentes, que nunca rematan ou que se poden interpretar cantando. Na mesma praza da vila carballiñesa, dende ás 19,30 horas, a quenda será hoxe para a compañía Larraitz Urruzola, que ofrecerá o espectáculo "Dona Barriga Verde", orientado a rapaces maiores de seis anos.

Te puede interesar