ourensanos por el mundo

"Os cidadáns de Estados Unidos teñen un gran poder adquisitivo e impostos baixos"

Secundino Vázquez.
photo_camera Secundino Vázquez.

Como tódolos veráns, Secundino Vázquez cruza o Atlántico para pasar uns días de descanso na súa casa da localidade de Gomariz, pero tamén aproveita o tempo para ir á praia ou visitar outros lugares de España.

Cándo colleu o camiño da emigración?

Marchei con sete anos para os Estados Unidos, onde xa tiña familia, o que supón un total de 65 anos que non estou no meu pobo natal. "Nin son de aquí nin son dalá", podería dicir.

Cál é a súa ocupación laboral?

Levo toda a vida en Houston, unha das cidades do estado de Texas, e dende 1983 estou adicado ó negocio de compra venta de vehículos usados. Pero ata hai pouco tempo fun propietario da Televisión de Houston, unha canle que emitía os programas en idioma castelán para a gran comunidade latina que temos alá e que representa un 75% aproximado do total da poboación.

Hai moitas diferencias entre a vida en USA e en España?

Moitas. Nos Estados Unidos, tódolos servizos e infraestructuras están ó servizo do cidadán, de xeito que "o pobo traballa para o goberno e o goberno traballa para o pobo", hai moito orde. Alí calquera funcionario, sexa sheriff ou alcalde está totalmente capacitado para xestionar o seu ámbito de competencia e controla ó milímetro calquera traballo ou obra que se está a facer na súa comunidade. Tamén hai que destacar que os salarios son elevados e polo tanto teñen un gran poder adquisitivo, porque os prezos e os impostos son máis reducidos.

Algún exemplo?

O imposto de vehículos, que é dun 6,25%, e aquí é o doble.

Existe logo o "sono americano"?

En Texas hai moitos cidadáns emprendedores que reciben o apoio do propio goberno do Estado. E un dato importante, hai empresas galegas, como Dragados, que están a construir pontes.

E cómo ve Galicia agora?

Cada vez peor. Temos unha riqueza agrícola, mesmo aquí no Ribeiro, que non se apoia nada dende as institucións públicas. Deberían apostar polo agro, que é o recurso máis importante que temos. 

Te puede interesar