La Región

VERANO

As codornices á brasa triunfan na festa de Cortiñas

O San Roque e a Virxe da Asunción farán o seu percorrido polo río Miño na derradeira xornada
O chef de Castrelo de Miño mostra o seu saboroso produto. (Foto: Martiño Pinal)
O chef de Castrelo de Miño mostra o seu saboroso produto. (Foto: Martiño Pinal)
As codornices á brasa triunfan na festa de Cortiñas

Os veciños da localidade de Cortiñas, en Castrelo de Miño, acenderán de novo, dende as oito da tarde deste venres, as braseiras para preparar as exquisitas codornices, na xornada de despedida dos festexos na honra de San Roque e a Virxe da Asunción.

Dende o pasado mércores, foron centos de persoas as que se achegaron ata a explanada do Parque Náutico de Castrelo para degustar estas aves, preparadas en unidades ou en empanada, na 17ª edición da Festa da Codorniz á Brasa, e logo disfrutar dunha verbena amenizada por unha orquestra.

O día grande dos festexos comezará hoxe co pasarrúas dunha charanga, antes da convocatoria prevista para as 12,00 do mediodía no peirao do Parque Náutico, de onde partirá a tradicional procesión polo encoro do río Miño, coas imaxes dos patróns San Roque e a Virxe da Asunción en catamarán, con acompañamento musical.

Unha vez rematado o percorrido, oficiarase unha misa solemne na explanada da instalación deportiva. Pola noite, outro baile que porá punto final á doble celebración, gastronómica e relixiosa, de Cortiñas.