títeres

Cinco compañías participan no Festival de Títeres que comeza no Carballiño

Teatro Babaluba, Os Contos de Pablismo, Larraitz Urruzola, Fantoches Baj e Viravolta Teatro  son as compañías presentes no evento

As compañías de monicreques Teatro Babaluba, Os Contos de Pablismo, Larraitz Urruzola, Fantoches Baj e Viravolta Teatro serán as encargadas de ofrecer os cinco espectáculos teatrais infantís e os dous obradoiros que conforman o programa do Festival de Títeres do Carballiño, que se desenvolverá dende este luns ata o venres, día 23, na praza de Emilia Pardo Bazán da vila.

Esta actividade, que organiza o Concello do Carballiño coa colaboración da Deputación provincial de Ourense, contempla para a xornada de este luns a celebración, dende as 12,30 horas e na devandita praza, a compañía Teatro Babaluva impartirá un obradoiro de creación de monicreques con refugallos de reciclaxe. Xa pola tarde, ás 19,30 horas, terá lugar a representación da obra "O Paroleiro", que correrá a cargo da compañía teatral Os Contos de Pablismo, para cativos de catro a nove anos. Mañá martes, será a quenda do colectivo Larraitz Urruzola, que presentará a súa montaxe "Dona Barriga Verde", un espectáculo recomendado para nenos maiores de seis anos, ás 19,30 horas, na mesma praza Pardo Bazán.

Te puede interesar