VERANO

Oito comparsas e charangas animarán o verán carballiñés

20190711195530339_result
photo_camera Unha das comparsas que participou no desfile do Entroido de inverno.

A vila celebra hoxe e mañá o Entroido de Verán con bailes para nenos e adultos e un gran desfile

Carballiño celebra hoxe e mañá o Entroido de Verán no que haberá baile infantil, obradoiros, música e un gran defile. Ás 10,00 horas de hoxe serán os nenos os encargados de inaugurar a festa cun obradoiro de máscaras que se desenvolverá na Praza Maior, continuando ás 11,30 horas cun baile infantil de disfraces con animación do DJ Tibu. Pola tarde e noite, os locais de hostalería ofrecerán pinchos gratuítos para as persoas disfrazadas, e a partir das 23,00 horas haberá baile de disfraces cun disco-móbil e Dj na Praza Maior. Tamén se contará co Grupo Tattoo, que de novo actuará o domingo, 14 de xullo, a partir das 21,00 horas, na Praza Maior.

Oito comparsas e dúas charangas animarán o desfile do Entroido de Verán, que terá lugar este sábado, ás 21,00 horas, aínda que a animación nas rúas comezará dúas horas antes coas charangas Castro Vello e Doctor Anchoa.

No desfile estarán as comparsas Os Liborianos, Os Picapedra de Aspadisi, Os 100TOLOS, Fantasía Mundo Fénix de Partovia, Os Arrieiros de Dacón, Os Azucarados de Maside, a Asociación Cultural do Castro de San Amaro e as

carrozas de Amoeiro. Trátase de agrupacións que xa participaron no Entroido do inverno do Carballiño e que se apuntan agora a esta festa de verán na que volverán a sorprendernos cos seus disfraces e as súas coreografías.

O percorrido será desde a Praza da Veracruz, por Curros Enríquez, Rotonda da Alameda, Avenida Julio Rodríguez  Soto, Centro Galego de Carballiño en Bos Aires, Tomás María Mosquera e Praza Maior.

Ás 23,30 horas actuará a orquestra Grupo Limón, que animará a verbena do Entroido de Verán, na Praza Maior.

Esta actividade está organizada polas concellerías de Cultura e Turismo, que dirixen Diego Fernández e Manuel Dacal, repectivamente, e que animan aos veciños de Carballiño e contorna a disfrazarse e participar da festa, ao mesmo tempo que invitan aos de outras comarcas a vir e disfrutar deste Entroido de Verán, incluído dentro da programación cultural e fiestiva do 2019.

Te puede interesar