festa do pulpo

O concurso de peñas anticipa a Festa do Pulpo no Carballiño

ende primeira hora da tarde de este sábado está prevista a participación de 86 peñas no concurso de diseño de camisetas, que estarán expostas na Praza Maior da vila carballiñesa

A xornada de homenaxe ás peñas de familiares e amigos que acuden cada ano ao Carballiño centra hoxe o programa de actividades da LVII Festa do Pulpo, que organiza o Concello co patrocinio de Xunta, Deputación de Ourense e entidades colaboradoras. Deste xeito, dende primeira hora da tarde de este sábado está prevista a participación de 86 peñas no concurso de diseño de camisetas, que estarán expostas na Praza Maior da vila carballiñesa dende as 18,00 horas, para que os representantes dos colectivos poidan emitir o seu voto no salón de plenos da Casa do Concello.

Nesta edición desfilarán, a partir das 20,00 horas, un total de 2.000 integrantes das peñas inscritas no concurso, acompañados por charangas e unha "batucada", mentres o xurado estará reunido para comprobar os resultados da votación e decidir cal é o grupo que presentou o mellor deseño, que recibirá un premio de 200 euros. 

Pola noite, a diversión trasladarase aos locais de hostelería do casco urbán e tamén aos bares xa instalados no Parque municipal da vila, na víspera da gran celebración gastronómica do Carballiño. 

Te puede interesar