fotografía

O concurso Rosa Pons premia as mellores fotos

Membros do xurado do concurso xunto co alcalde Aquilino Domínguez.
photo_camera Membros do xurado do concurso xunto co alcalde Aquilino Domínguez.
O certame de Parada de Sil contou cunhas cifras récord de participación na temática libre

A XII edición do concurso Rosa Pons de Parada de Sil escolleu as mellores fotografías que representaron a diversidade e a riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello e, polo tanto, da Ribeira Sacra.

O xurado conformárono Luís Baños, fotógrafo e empresario audiovisual; José Luís Diz, da asociación fotográfica O Potiños, e Xosé Antón Vázquez, da asociación Ouro do Sil. 

O concurso, que se dividía en dúas categorías, contou cunha cifra récord de participación. Nel achegaron as súas fotografías persoas procedentes de Malasia, Bolivia ou Arxentina, pero tamén de zonas de España como Cataluña, Madrid ou do resto de Galicia.

Os premiados en Visións de Parada de Sil foron Agustín Sevilla, no primeiro posto e con 800 euros de regalo, e Rosa Villar, no segundo e cun obsequio de 300 euros. Na modalidade libre, o primeiro premio foi para Francisco J. Domíngez, dende Cádiz, e o segundo para Miguel Planells de Girona. Ambos recibirán 700 e 200 euros respectivamente como agasallo.

Os premios recibirannos o próximo 21 de agosto no concello de Parada de Sil.

Te puede interesar