VERANO

"Conectar coas raíces e coa exuberancia" de Bos Aires

uploaded_img-0988
photo_camera O limiao Óscar Rivero, coas cataratas do Iguazú ao fondo.

Cun doble grado en matemáticas e enxeñería física baixo o brazo, ao que sumou un máster en matemáticas, Óscar Rivero foi un dos premiados cunha beca La Caixa para cursar un doutorado na especialidade de teoría de números na Universidade Politécnica de Cataluña.

Dende a súa Limia natal a Barcelona, cidade onde reside actualmente, Óscar leva percorrido diferentes destinos, pero o máis especial para el é Arxentina. "Trátase dun país que condensa de xeito simbólico unha parte moi importante da idiosincrasia galega por ser refuxio para moitos de nós. Isto faime sentir preto deles e, en certo sentido, Bos Aires non deixa de ser unha das grandes cidades galegas". 

Rivero, que visitou o país en dúas ocasións, resalta "a sensación de liberdade e tranquilidade que me aportou certa pausa no medio de tanto ruído. Transmitiume unha sensación de sentimentalismo telúrico que me fixo conectar coas raíces. Ademais é un lugar que me evoca o sentimento de superación e de loita constante". 

Para Óscar, a historia que se desprende en cada rúa arxentina, así como a súa cultura tan ben recollida "nos barrios porteños como San Telmo" ou a "exuberancia da paisaxe como as catararas do Iguazú", fai que sexa un destino no que un se sinte "en familia".

Te puede interesar