ACTUACIÓN MUSICAL

Os Coribantes de Buchabade actúan na Praza da Veracruz

O que comezou sendo unha escola de música tradicional galega e banda de gaitas, é hoxe unha agrupación singular que incorpora todo tipo de instrumentos de diferentes xéneros musicais

O Carballiño ofrece un dos maiores espectáculos de música tradicional de Galicia. Trátase da formación Os Coribantes de Buchabade, de Ponte Caldelas, que actuarán hoxe, a partir das 20,00 horas, no auditorio da Praza da Veracruz. É un dos  grandes concertos que se ofrecen na programación cultural da Festa do Pulpo deste ano.

Con sede en Buchabade, de Ponte Caldelas, o grupo tradicional “Os Coribantes de Buchabade” naceron no 2005, comezando como unha escola de baile e música tradicional galega. Nun principio, o grupo tan só contaba con seis integrantes, dirixido por Andrés Lorenzo Castro (A Roda). Tres anos despois, produciuse un incremento significativo do número de alumnos da escola, e comézase a fraguar o son distintivo que os caracteriza, grazas a incorporación de instrumentos electrónicos, provintes doutros estilos musicais, como guitarras eléctricas ou batería. 

O que comezou sendo unha escola de música tradicional galega e banda de gaitas, é hoxe unha agrupación singular que incorpora todo tipo de instrumentos de diferentes xéneros musicais, como o rock ou a música latina. Na actualidade, Os Coribantes, componse por un total de 65 músicos: 25 gaitas, o mesmo número de pandeiretas, 9 tambores, batería, bombo, teclado, baixo, violín, guitarra, congas, acordeón e voces. 

Te puede interesar