artesanía

Cortegada acolle a feira artesanal e a degustación de porco celta

Os postos dos artesáns estarán instalados e abertos cara veciños e visitantes a partir das 11,00 horas deste domingo

O municipio de Cortegada acolle, dende a noite deste sábado, a décima edición da "Feira de artesanía e do porco celta", que na súa programación mestura gastronomía e artesanía, música, e festa da auga e inchables para o público infantil. As actividades iniciáronse ás 22,30 horas de onte coa celebración dun espectáculo de lume e un concerto de música tradicional na praza principal da localidade, que xunto ás rúas máis céntricas acollerá este domingo a feira de artesanía.

Os postos dos artesáns estarán instalados e abertos cara veciños e visitantes a partir das 11,00 horas, e dende ese momento, o Concello de Cortegada ten previstas nas rúas e prazas da localidade unha serie de actividades cada media hora, como será o baile medieval no que participarán os nenos ou un espectáculo de trapecistas. O xantar comezará ás 14,00 horas, cun menú composto de carne de porco celta e paella, acompañado de viño da Denominación de Orixe Ribeiro. Os cativos terán a oportunidade, pola tarde, de disfrutar dunha festa da auga e de xogos con elementos hinchables.

Te puede interesar