audiovisual

Fernando Cortizo impartirá un obradoiro de cine de animación

A cita terá lugar no marco na celebración  das Xociviga 2019, que se celebran do 28 deste mes de xullo ata o día 2 do próximo agosto

O director da premiada película de animación en stop-motion "O Apóstolo", Fernando Cortizo, impartirá un obradoiro de animación en stop-motion con plastilina dentro das Xociviga 2019, que se celebran do 28 deste mes de xullo ata o día 2 do próximo agosto. Este obradoiro, que terá lugar na sala xuvenil da Biblioteca municipal, na Casa da Cultura, o martes 30 de xullo, en horario de 09,30 a 13,30 horas, vai dirixido a nenos de 7 a 14 anos, e terá como finalidade aprender a facer as propias películas na casa.

Os alumnos terán a súa disposición todos os materiais e farramentas necesarias para realizar os seus traballos. O Concello do Carballiño, organizador das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, aportará unha base tecnolóxica que inclúe ordenadores e softwares específicos, así como diferentes tipos de cámaras que poden utilizar os participantes, e as variedades de lentes para obter diferentes resultados.

Tamén se inclúen tódos os utensilios artesanais para realizar as probas: libretas, lápices, plastilinas, papel maché para os decorados, armazóns para crear os seus bonecos, entre outros. O obradoiro terá un número de prazas limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse ata o 26 de xullo na Biblioteca municipal ou na área de Cultura do concello, en horario de mañá.

Te puede interesar