VERANO

A MIT arranca oficialmente para ofrecer moita maxia na escena

Diferentes personalidades abriron a Mostra Internacional de Teatro que se desenvolverá ata o 27 de xullo

A capela da Madalena de Ribadavia acolleu este venres a inauguración oficial da Mostra Internacional de Teatro (MIT), que na súa 35ª edición se desenvolverá ata o 27 de xullo cunha máxica oferta de 24 espectáculos do panorama escénico mundial.

Un festival que este ano coincide tamén co 10º  aniversario da chegada á súa dirección organizativa de Roberto Pascual, que destacou que "a excelencia da Mostra non é un factor casual, é unha suma de formación, transformación, diálogo, diversidade e garantía", e engadiu que "agora toca homologar calidade e compromisos, esforzos e decisión de mudanza".

No acto tamén interviu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que cualificou este evento "como un referente histórico para o teatro galego e nacional pola súa programación plural, aberta e sincrética".

Feijóo afirmou tamén que a MIT de Ribadavia converteuse "no festival de teatro máis importante de Galicia, así como nun dos máis destacados do panorama nacional".

Te puede interesar