ALLARIZ

O Festival de Xardíns acolleu unha xornada adicada ás abellas

Allariz. 23-08-15. Provincia.  Xornada sobre o Mel no festival de Xardíns de Allariz.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Uns veciños observando unha colmea.

O encontro tiña como obxectivo sensibilizar aos veciños do gran valor deste insecto e informar dos riscos que sufre na actualidade

Os veciños de Allariz disfrutaron onte dunha xornada cargada de actividades nun contorno privilexiado á beira do río Arnoia. O Festival de Xardíns acolleu unha xornada sobre o mundo das abellas con obradoiros de elaboración de candeas e proba de meles. Tamén se instalaron postos de venda de productos apícolas.

A actividade, "Unha pinga de mel", tratou de poñer en contacto aos abelleiros co púbico que acudía a v isitar o Festival de Xardíns para sensibilizados sobre a importancia das abellas nos campos. Có encontro, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, tamén se tratou de concienciar dos riscos que corre na actualidade esta especie por culpa do envelenamento a que están sometidas polo uso de herbicidas e insecticidas así como polo deterioro do medioambiente e polos numerosos incendios forestais.

Nesta ocasión, tampouco faltou o tradicional desfile de Xigantes e Cabezudos dende a Casa da Cultura ata o Campo de Vilanova a partir das 12.00 horas. O espectáculo contou co acompañamento musical do grupo de Gaitas de Pé Feito. 
 

Te puede interesar