CELANOVA

A foliada cultural chega a súa quinta edición

Celanova. 8-07-2017.Recital poético na Casa dos Poetas. Paz
photo_camera Recital poético na Casa dos Poetas

Dende hai cinco anos, esta xuntanza lúdico-festiva arranca na casa dos poetas cunha lectura

Medio centenar de persoas participaron onte na quinta convocatoria da foliada cultural organizada polo Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.

A iniciativa, que naceu da inquedanza musical de xente vencellada con Celanova, que ano tras ano visitaba as terras de Curros para comer, beber e tocar; foi paseniñamente adquirindo un carácter moito máis cultural. Dende hai cinco anos, esta xuntanza lúdico-festiva arranca na casa dos poetas cunha lectura. O poema "A emigración" de Curros Enríquez foi o escollido para a edición deste ano. Logo veu o particular pasarrúas da comitiva  polos diferentes establecementos participantes e colaboradores no evento. A xornada concluiu pasadas as sete e media da tarde, logo de rematar a visita ao mosteiro de San Rosendo, no que tivo lugar unha ilustrativa charla de como funciona o seu órgano. O Hino do vello Reino de Galiza soou nese instrumento, acompañado dunha gaita.

Te puede interesar