tradición histórica

Os franceses xa invadiron Pazos co seu exército

Alrededor de cien voluntarios de la comarca escenificaron la primera jornada de la batalla (JOSÉ PAZ).
photo_camera Alrededor de cien voluntarios de la comarca escenificaron la primera jornada de la batalla (JOSÉ PAZ).

A vila histórica de Boborás regresa a 1809 para escenificar a loita veciñal liderada por Cachamuiña

Pazos de Arenteiro regresou ós primeiros anos de século XIX para rememorar a defensa que organizaron os propios veciños desta localidade de Boborás fronte ás tropas francesas. Trátase de "A Batalla 1809", que hoxe rematará, á última hora da tarde, co enfrontamento final dos invasores co exército popular liderado polo xeneral Cachamuiña. Onte xa se puideron ver aos soldados franceses revisando os postos de artesanía instalados nas rúas de Pazos, antes de que o Concello de Boborás tomara a decisión de suspender as actividades da tarde debido á treboada. Os asistentes tiveron a oportunidade de participar, pola mañá, en obradoiros de cestería e oleiría, ademais de catas de viños, aceites e conservas galegas. Todo elo cunha boa ambientación das personaxes, interpretadas por un cento de voluntarios da comarca.

Te puede interesar