A fuxida

Un ano despois xa tiñan negocios naquela illa do Caribe. Posuían varios hoteis, os mellores restaurantes e mesmo dispuñan dunha flota de barcos.
Saiu correnda da xoiería con todo o que puido levar. Ao final da rúa agardáballe a súa parella nun vehículo roubado o día anterior.

Dirixíronse sin mediar pausa até o aeroporto da cidade e apañaron aquel avión con destino a un país tropical. Facturaron dúas maletas cheas do botín que se levaron ese día.

Un ano despois xa tiñan negocios naquela illa do Caribe e non pasaban por ningunha dificultade económica. Posuían varios hoteis e os mellores restaurantes e mesmo dispoñían dunha flota de varios barcos. Mais estaban fartos de tanta luxuria e decidiron vender os hoteis a ir lonxe, quizais a calquera lugar perdido da estepa asiática.

Un día, mentres estaba a tomarse a súa copa de brandy preferida notou como alguén tocáballe o lombo. Era o xoieiro.

-Meu querido amiguiño, non nos foi tan mal aos dous. Ti fuxiches co botín e eu cobrei o seguro e agora comprei a principal cadea de hoteis da illa.

Foi tanta a sorpresa que volveu saír correndo. Fuxiu ese mesmo día con ela, esta vez sen rumbo fixo e co desexo de non ter que atoparse máis con ese home.

Te puede interesar