campamento

Homenaxe á "boa xente" da cidade

OURENSE (PRAZA MAIOR). 08/08/2018. OURENSE. Actividades de la asociación Amencer para niños y niñas en la Praza Maior. Asiste el concelleiro de medio ambiente, José Araújo. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera O grupo ao completo, nas escaleiras da igrexa de Santa María Nai.

A cita contou coa participación da Policía Local, Policía Autonómica e Policía Nacional, Protección Civil da Xunta e Concello, Cruz Vermella, 061, Servizo de Limpeza e Medio Rural da Xunta de Galicia, ademais do alcalde en funcións, Pepe Araújo

Os participantes do Campamento Urbano de Amencer prosiguen coa diversión estival. Durante a xornada de onte, o "Día da boa xente", os máis de 700 rapaces inscritos visitaron diversas entidades, onde coñeceron de primeira man traballos de diversa índole. Para rematar a mañá, o grupo ao completo reuniuse na Praza Maior da cidade. A cita contou coa participación da Policía Local, Policía Autonómica e Policía Nacional, Protección Civil da Xunta e Concello, Cruz Vermella, 061, Servizo de Limpeza e Medio Rural da Xunta de Galicia, ademais do alcalde en funcións, Pepe Araújo. 

Os profesionais realizaron diversas exhibicións de vehículos e persoal que permitiron que os rapaces coñecesen un pouco máis sobre o seu traballo diario. Os máis curiosos puideron entrar nos camións e descubrir como é unha ambulancia ou un coche de policías por dentro.

Te puede interesar