FESTA

O Irixo celebra a XVI Festa do Cabalo cunha ruta e concursos

Ás 12,00 horas terá lugar a primeira das competicións de beleza e estampa pura raza, á que seguirá o concurso de beleza e estampa de cabalos cruzados e de potros. 

O Irixo celebra o próximo domingo a XVI Festa do Cabalo, na Carballeira do Tellado. Comezará ás 10,00 horas cunha ruta polos montes do municipio. O precio será de 20 euros, pero inclúe bocadillo, bebidas e despois un xantar popular.

Ás 12,00 horas terá lugar a primeira das competicións de beleza e estampa pura raza, á que seguirá o concurso de beleza e estampa de cabalos cruzados e de potros. 

O xantar está previsto para as 13,00 horas na carballeira, retomando os concursos ás 17,00 horas con andadura galega en varios tempos, de cabalos trotós e de trote de cabalos trotós.

Ás 19,00 horas entregaranse os trofeos e premios de 75, 50 e 25 euros para os gañadores, e rematará a festa cunha exhibición de torneo medieval. 

Te puede interesar