La Región

FIESTA

Macendo abriu os festexos coa Cea do Xarrete

Os comensais degustaron a tenreira cocida ou asada, acompañada de pan e viño do Ribeiro
Los artífices de los fogones, dando los últimos toques al sabroso jarrete (MARTIÑO PINAL).
Los artífices de los fogones, dando los últimos toques al sabroso jarrete (MARTIÑO PINAL).
Macendo abriu os festexos coa Cea do Xarrete
O campo da festa da parroquia de Macendo, no municipio de Castrelo de Miño, acolleu na noite de onte a tradicional Cea do Xarrete e o Xarrote, punto de partida dos festexos na honra da Virxe da Asunción. Os comensais, previo pago dunha tarxeta de inscripción de 12 euros que estivo á venda nos bares da localidade, tiveron a oportunidade de degustar o xarrete, unha das partes máis saborosas da tenreira, nas dúas alternativas de preparación (cocida ou asada), acompañada de pan e viños da Denominación de Orixe Ribeiro, postres, café e licores. Pola noite, a festa seguiu cunha animada verbena a cargo da charanga Mekánika e a orquestra Pentágono. O programa continúa hoxe ó mediodía coa procesión e unha misa solemne, encargándose o grupo Talismán da sesión vermú, mentres pola noite, será a quenda da orquestra Marbella.